Entradas de Mayo, 2009

Día das Letras Galegas 2009

Viernes, 15 Mayo, 2009

Foi en 1863 cando se publicou na capital habanera os Cantares gallegos de Rosalía de Castro, obra marcada pola expresión intimista, a poesía reivindicativa centrada na soidade da emigración e a defensa da lingua e do pobo galego.

Cen anos máis tarde, a Real Academia Galega instaura o 17 de maio, data aproximada da publicación de Cantares gallegos, como o Día das Letras Galegas cuxo obxectivo é render unha homenaxe a todas aquelas figuras literarias que loitaron pola defensa da lingua e da cultura galega.

Este ano o homenaxeado é Ramón Piñeiro (Láncara [Lugo], 1915-Santiago de Compostela, 1990), primeiro presidente do Consello da Cultura Galega.  Este político e intelectual, denominado “o filósofo da saudade”, é  autor, entre outras, de obras como Significado metafísico da saudade, notas pra unha filosofía galaico-portuguesa, Filosofía da saudade ou A linguaxe e as linguas. Piñeiro foi un incansable defensor e impulsor da normalización da lingua nos escuros anos da posguerra, director editorial de Galaxia na transición e membro numerario da Real Academia Galega. A través de diversos actos que se celebrarán en todos os concellos de Galicia, lembrarase a súa figura e a influenza desta na nosa historia cultural.

Libros a cambio de alimentos en Baiona

Martes, 5 Mayo, 2009

Durante el pasado mes de abril la biblioteca de Baiona puso en marcha una novedosa iniciativa que consistía en entregar un libro gratis por cada kilo de alimento donado. Esta campaña, organizada en colaboración con la ONG Ayuda al Mundo Necesitado, ha sido un éxito ya que se han recogido un total de 1 500 kilos de alimentos que irán destinados a familias de la comarca que atraviesan dificultades económicas. ¿Quién ha dicho que los libros no alimentan?