Na sociedade actual, moitas miradas vólvense cara á atención de persoas que, pola súa incapacidade ou a súa idade avanzada, perderon a súa autonomía na vida cotiá. A demanda de profesionais formados que presten a súa axuda a estes colectivos é cada día maior, de aí que xurda con forza nas páxinas de ofertas de emprego a figura do auxiliar de axuda a domicilio como unha profesión de futuro.
Con este manual, o lector poderá adquirir coñecementos relacionados co dominio das técnicas, os recursos e dos productos que aseguren unha alimentación apropiada ós requirimentos físicos e psíquicos dos asistidos, cos coidados hixiénicos necesarios de aseo persoal e co vestiario necesario para desempeñar correctamente as labores domésticas que competen ó auxiliar de axuda a domicilio.
Os contidos que presentamos correspóndense cos módulos “Nutrición, Dietética e Alimentación”; “Hixiene e Seguridade Persoal” e “Limpeza e Coidados do Fogar”, do Certificado de Profesionalidade de Auxiliar de Axuda a Domicilio, segundo o Real Decreto 331/1997.
Ideaspropias Editorial desenvolve este manual de formación para todos aqueles profesionais que se dedican a este labor ou desexan facelo, co fin de que amplíen os seus coñecementos sobre esta materia facilitando a obtención, ao mesmo tempo, dun título recoñecido polo Sistema Nacional de Cualificacións.
