O Verbum Casa das Palabras en Vigo realiza a exposición “A palabra convertida en Arte”.
Con esta exposición que inaugura en primicia o Verbum queremos dar a coñecer o laborioso proceso de creación dun códice, e ao mesmo tempo destacar a importancia que tivo Galicia no que respecta á creación e elaboración dos mesmos. Moitos destes naceron e foron feitos nun dos scriptoria máis importantes do mundo: O de Santiago de Compostela que xunto ao de Ripoll foron os máis prestixiosos do territorio hispano durante a Idade Media. Tamén a lingua galega ten protagonismo neste contexto, pois nela realizouse o fermosísimo códice das Cantigas de Santa María baixo as ordes e directrices do rei Afonso X o Sabio. Por todo isto, é un proxecto destinado a coñecer e potenciar a cultura e historia medieval de Galicia.


