Na sociedade actual, moitas miradas vólvense cara á atención de persoas que, pola súa incapacidade ou a súa idade avanzada, perderon a súa autonomía na vida cotiá. A demanda de profesionais formados que presten a súa axuda a estes colectivos é cada día maior, de aí que xurda con forza nas páxinas de ofertas de emprego a figura do auxiliar de axuda a domicilio como unha profesión de futuro.
Con este manual, o lector poderá adquirir os coñecementos necesarios para planificar, desenvolver e realizar o seguimento de casos asistenciais, xestionando trámites administrativos, así como para velar polo mantemento do fogar, en condicións axeitadas ao perfil do asistido, e facilitar a súa integración social.
Os contidos que presentamos neste manual correspóndense cos módulos de Planificación, desenvolvemento e seguimento de casos asistenciais, Técnicas e soportes de xestión e administración básica e Recursos sociais e integración social do Certificado de Profesionalidade Auxiliar de Axuda a Domicilio, segundo o Real decreto 331/1997.
Ideaspropias Editorial, dentro do Certificado de Profesionalidade de Auxiliar de Axuda a Domicilio (R. d. 331/1997), desenvolve este manual de formación para todos aqueles profesionais que se dedican a este labor ou desexan facelo, co fin de que amplíen os seus coñecementos sobre esta materia facilitando a obtención, ao mesmo tempo, dun título recoñecido polo Sistema Nacional de Cualificacións.
|
Encuadernación: Rústica |
N.º Páginas: 168 |
|
Idioma: 168 |
N.º de horas recomendadas: 120 |
|
ISBN 10: 84-9839-085-0 |
ISBN 13: 978-84-9839-085-8 |
|
P.V.P.: 19.18€ |
Pilar Fernández Soto, Nuria Fernández Soto e Ideaspropias Editorial
María del Pilar Fernández Soto é licenciada en Psicoloxía Escolar e Educativa e diplomada en Maxisterio. Dende o ano 1996 dedícase á formación de adultos. Especializaouse no campo da formación ocupacional, concretamente como formador de formadores, atención á terceira idade e domiciliaria, así como atención á infancia. No mundo editorial, publicou Metodología de gestión de centros educativos e Metodología de implantación de la calidad en un centro educativo, editados por Ideaspropias Editorial. Nuria Fernández Soto é licenciada en Medicina na especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente, está a cursar os estudos de doutoramento na especialidade de Endocrinoloxía na Universidade de Vigo. A súa experiencia impartindo charlas en institutos e a súa ampla formación levárona a publicar o presente material didáctico con Ideaspropias Editorial.
1. Planificación, desenvolvemento e seguimento de casos asistenciais
1.1. Introdución
1.2. Definición da axuda a domicilio e a súa filosofía. Axuda a domicilio básica e complementaria
1.3. O asistido dos programas de axuda a domicilio. Características físico-biolóxicas, psicolóxicas, económicas e sociolóxicas. Necesidades e pautas de actuación segundo as características do destinatario
1.3.1. Necesidades e pautas de actuación
1.4. A figura do auxiliar: tarefas e funcións. Relacións co destinatario, familia e contorno social
1.5. A ética profesional. Calidades e capacidades
AUTOAVALIACIÓN 1
SOLUCIÓNS
1.6. Tipos de comunicación e conceptos. A atención telefónica directa e elaboración de informes
1.6.1. Atención telefónica directa e elaboración de informes
AUTOAVALIACIÓN 2
SOLUCIÓNS
1.7. O equipo de traballo. Compoñentes
1.8. O traballo en equipo. Relación con outros servizos
1.9. Relacións humanas
AUTOAVALIACIÓN 3
SOLUCIÓNS
1.10. Propostas prácticas aos contidos
SOLUCIÓNS
1.11. Resumo de contidos
EXAME
BIBLIOGRAFÍA
2. Recursos sociais e integración social
2.1. Introdución
2.2. Os recursos sociais institucionalizados para infancia, muller, discapacitados e terceira idade
2.2.1. Infancia
2.2.2. Muller
2.2.3. Discapacitados
2.2.4. Terceira idade
AUTOAVALIACIÓN 4
SOLUCIÓNS
2.3. A asistencia social. O estado de benestar
2.4. A integración social. Ocio e tempo libre. Formación para a incorporación á vida social
2.5. Servizo de teleasistencia domiciliaria. Concepto e utilidade
2.6. O papel do auxiliar de axuda a domicilio nas actividades de información e integración social
AUTOAVALIACIÓN 5
SOLUCIÓNS
2.7. Propostas prácticas aos contidos
SOLUCIÓNS
2.8. Resumo de contidos
EXAME
BIBLIOGRAFÍA
3. Técnicas e soportes de xestión e administración básica
3.1. Introdución
3.2. Documentación administrativa xeral. Xestións administrativas básicas: do fogar, sanitarias. Prestacións. Tipos. Tramitación
3.3. Mantemento e reparación da vivenda
AUTOAVALIACIÓN 6
SOLUCIÓNS
3.4. Os recursos económicos. As pensións e os seus tipos
3.5. Economía e xestión doméstica
3.6. Clasificación e arquivo de documentación
AUTOAVALIACIÓN 7
SOLUCIÓNS
3.7. Propostas prácticas aos contidos
SOLUCIÓNS
3.8. Resumo de contidos
EXAME
BIBLIOGRAFÍA
RESUMO FINAL

