Prevención e Atención Sociosanitaria

Técnicas de Enfermería Básicas para o Auxiliar de Axuda a Domicilio

Sábado, 27 de Octubre de 2007 por admin

Na sociedade actual, moitas miradas vólvense cara á atención de persoas que, pola súa incapacidade ou a súa idade avanzada, perderon a súa autonomía na vida cotiá. A demanda de profesionais formados que presten a súa axuda a estes colectivos é cada día maior, de aí que xurda con forza nas páxinas de ofertas de emprego a figura do auxiliar de axuda a domicilio como unha profesión de futuro.

Con este manual, o lector poderá adquirir os coñecementos necesarios para a realización de técnicas de enfermería básicas así como para a conduta P.A.S. (protexer, alertar e socorrer).

Os contidos que presentamos correspóndense co módulo de Prevención e atención sociosanitaria do Certificado de Profesionalidade de Auxiliar de Axuda a Domicilio, segundo o Real decreto 331/1997.

Ideaspropias Editorial desenvolve este manual de formación para todos aqueles profesionais que se dedican a este labor ou desexan facelo, co fin de que amplíen os seus coñecementos sobre esta materia facilitando a obtención, ao mesmo tempo, dun título recoñecido polo Sistema Nacional de Cualificacións.

1 estrella2 estrellas3 estrellas4 estrellas5 estrellas (Aún sin valorar)

Encuadernación: Rústica

N.º Páginas: 208

Idioma: 208

N.º de horas recomendadas: 125

ISBN 10: 84-9792-612-9

ISBN 13: 978-84-839-083-4

P.V.P.: 19.18€

> ocultar
Pilar Fernández Soto, Nuria Fernández Soto e Ideaspropias Editorial

María del Pilar Fernández Soto é licenciada en Psicoloxía Escolar e Educativa e diplomada en Maxisterio. Dende o ano 1996 dedícase á formación de adultos. Especializaouse no campo da formación ocupacional, concretamente como formador de formadores, atención á terceira idade e domiciliaria, así como atención á infancia. No mundo editorial, publicou Metodología de gestión de centros educativos e Metodología de implantación de la calidad en un centro educativo, editados por Ideaspropias Editorial. Nuria Fernández Soto é licenciada en Medicina na especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente, está a cursar os estudos de doutoramento na especialidade de Endocrinoloxía na Universidade de Vigo. A súa experiencia impartindo charlas en institutos e a súa ampla formación levárona a publicar o presente material didáctico con Ideaspropias Editorial.

> ver

1. Introdución

2. A reordenación de espazos na vivenda segundo os seus tipos e as características do asistido
2.1. Os solos
2.2. Os mobles
2.3. A iluminación
2.4. O cuarto de baño
2.5. A cociña
AUTOAVALIACIÓN 1
SOLUCIÓNS

3. O corpo humano: fisioloxía, deficiencias físicas e psíquicas
3.1. Fisioloxía do corpo humano
3.1.1. O sistema nervioso
3.1.2. O sistema óseo
3.1.3. O sistema respiratorio
3.1.4. O sistema dixestivo
3.1.5. O sistema circulatorio, sanguíneo e inmunolóxico
3.1.6. O sistema muscular
3.1.7. O sistema epitelial
3.1.8. O sistema endócrino
3.1.9. O sistema excretor e urinario
3.1.10. O sistema reprodutor
AUTOAVALIACIÓN 2
SOLUCIÓNS
3.2. Deficiencias físicas e psíquicas do corpo humano
3.2.1. O sistema nervioso
3.2.2. O sistema óseo
3.2.3. O sistema respiratorio
3.2.4. O sistema dixestivo
3.2.5. O sistema circulatorio, sanguíneo e inmunolóxico
3.2.6. O sistema muscular
3.2.7. O sistema epitelial
3.2.8. O sistema endócrino
3.2.9. O sistema excretor e urinario
3.2.10. O sistema reprodutor
AUTOAVALIACIÓN 3
SOLUCIÓNS

4. A mobilización de enfermos. Normas xerais
4.1. Pautas xerais
4.2. Movementos a realizar
4.2.1. Asistidos dependentes
4.2.2. Asistidos semidependentes

5. A prevención de accidentes
5.1. Caídas
5.2. Queimaduras
5.3. Intoxicacións
5.4. Electrocución
5.5. Atragoamentos
5.6. Pequenas feridas
AUTOAVALIACIÓN 4
SOLUCIÓNS

6. O socorrismo básico. Nocións de socorrismo instrumental
6.1. Actuacións ante situacións de emerxencia
6.2. Respiración artificial
6.3. Inmobilización de fracturas

7. Técnicas básicas de enfermería. Control de signos vitais
7.1. Temperatura
7.2. Respiración
7.3. Tensión arterial
7.4. Trastornos psicolóxicos
7.5. Soroterapia
7.6. Sondaxe nasogástrica
7.7. Incontinencias
7.8. Sondaxe vesical
7.9. Infeccións
7.10. Estrinximento
7.11. Apósitos e vendaxes
7.11.1. Apósitos
7.11.2. Vendaxes
AUTOAVALIACIÓN 5
SOLUCIÓNS

8. Enfermidades habituais no ancián
8.1. Hipertensión arterial
8.2. Diverticulose-diverticulite
8.3. Depresión
8.4. Osteoporose
8.5. Hipercolesterolemia
8.6. Hiperuricemia
8.7. Diabete mellitus
8.8. Párkinson
8.9. Enfermidade de Alzheimer

9. Conceptos básicos de farmacoloxía: usos habituais dos medicamentos. Normas básicas de administración. Accidentes medicamentosos
9.1. Concepto de medicamento
9.2. Vías de administración dos medicamentos
9.3. Concepto de principio activo
9.4. As reaccións adversas
AUTOAVALIACIÓN 6
SOLUCIÓNS

10 Propostas prácticas aos contidos
SOLUCIÓNS

RESUMO

EXAME

BIBLIOGRAFÍA

Deja una respuesta: