Vivimos na cultura da imaxe. O envoltorio é o primeiro que vemos dun produto, de aí que as profesións vinculadas ao deseño gráfico estean claramente «de moda». Pero non é unha moda pasaxeira, senón unha profesión con clara vocación de permanencia no tempo e en constante evolución, ao igual que as ferramentas (equipos informáticos) coas que traballa.
O grafista-maquetista é o profesional encargado, entre outras funcións, de concretar a idea do proxecto gráfico nunha maqueta, a partir das directrices do deseñador e aplicando os criterios convenientes na realización da obra, sen descoidar a imaxe corporativa.
Por este motivo, Ideaspropias Editorial, dentro do certificado de profesionalidade de “Grafista-Maquetista” pertencente á familia profesional de “Industrias Gráficas” (Real decreto 348/1998), desenvolve este manual formativo para todos aqueles profesionais que realizan este labor ou desexan realizalo no futuro, co fin de que amplíen os seus coñecementos sobre a ocupación de grafista maquetista. Ao mesmo tempo, facilita a obtención dun título recoñecido polo Sistema Nacional de Cualificacións.
|
Encuadernación: Rústica |
N.º Páginas: 152 |
|
Idioma: 152 |
N.º de horas recomendadas: 140 |
|
ISBN 10: 84-9839-088-5 |
ISBN 13: 978-84-9839-088-9 |
|
P.V.P.: 19.18€ |
Marcos Vela Fonruge
Marcos Vela Fonruge é técnico en desenvolvemento de grafismos ScothPrint. Realizou o curso de Deseño Gráfico e Ilustración en Plataformas PC e Macintosh no Lisboa Center de Madrid. Ten o máster en Deseño Gráfico Publicitario realizado na delegación da Universidade de Cambridge de Madrid. Os seus máis de dez anos de experiencia en múltiples disciplinas no ámbito do deseño gráfico publicitario e un grande abano de coñecemento en plataformas e programas de desenvolvemento creativo, xunto á súa experiencia como autor de manuais de formación profesional, levárono a publicar o presente material didáctico con Ideaspropias Editorial.
1. Introdución
2. O valor da imaxe na comunicación gráfica
2.1. Fundamentos da comunicación gráfica
2.2. Concepto de comunicación
2.3. A comunicación gráfica
2.4. Síntese de información gráfica
2.5. A imaxe como reforzo da mensaxe
3. Localizando a imaxe
3.1. Arquivos e axencias gráficas e fotográficas
3.1.1. Tipos de arquivos e axencias
3.1.2. Catálogos impresos
3.1.3. Arquivos informatizados de imaxes (catálogos dixitais)
3.1.4. Axencias fotográficas
3.1.5. Arquivo persoal de imaxes
AUTOAVALIACIÓN 1
SOLUCIÓNS
4. Seleccionando imaxes
4.1. Criterios de selección de imaxes
4.1.1. Coherencia do documento na obra
4.1.2. Atributos da imaxe
4.1.3. Consideracións legais
AUTOAVALIACIÓN 2
SOLUCIÓNS
5. Obtendo a imaxe
5.1. Características de reprodutividade das imaxes
5.1.1. A resolución
5.1.2. Reprodutividade das imaxes de liña (orixinais pluma)
5.1.3. Reprodutividade das imaxes de ton continuo (tramadas)
5.2. Creación de táboas e gráficos por ordenador
5.2.1. Imaxes de mapa de bits
5.2.2. Imaxes vectoriais
5.2.3. Programas de táboas e gráficos
AUTOAVALIACIÓN 3
SOLUCIÓNS
6. A cor e a imaxe
6.1. Usos e características da cor
6.2. Cores aditivas (RGB ou RVA)
6.3. Cores subtractivas (CMYK ou CMAN)
6.4. Outros modelos de cor
6.5. Aplicando a cor
6.5.1. Psicoloxía da cor
6.5.2. Cores primarias
6.5.3. Gamas de cor
6.5.4. Conversión de gamas
SOLUCIÓNS
7. Control de calidade das probas de imaxe
7.1. Tipos de probas
7.1.1. Probas desordenadas
7.1.2. Probas de páxina
7.1.3. Probas de máquina
7.1.4. Probas analóxicas
7.1.5. Probas dixitais
7.2. Equipamento básico para a revisión de probas
7.2.1. Lupas ou contafíos
7.2.2. Densitómetro
7.2.3. Regras de ángulo de trama e lineatura
7.2.4. Mesas de luz
7.2.5. Punto de observación estándar
7.3. Elementos de comprobación
7.4. Pautas de anotación das correccións
7.5. Control de calidade
7.5.1. Directos en branco e negro
7.5.2. Orixinais pluma
7.5.3. Bitóns
7.5.4. Cuadricromías
AUTOAVALIACIÓN 5
SOLUCIÓNS
8. Propostas prácticas aos contidos
SOLUCIÓNS
RESUMO
EXAME
BIBLIOGRAFÍA

