PROMOCIÓN DA IGUALDADE

DESCATALOGADO

Producto descatalogado. No admite devoluciones, personalizaciones ni descuentos.

PROMOCIÓN DA IGUALDADE

RÚSTICA

10

72

978-84-9839-134-3

2009

Nuevo

5,00 €

Susana Cela López (Avilés, 1982) é licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Oviedo e mediadora en intervención xuvenil na Asociación de Mulleres Novas de Asturias.

Posúe formación complementaria en desenvolvemento infantil e atención temperá, violencia de xénero, así como en discapacidade e autismo.

Colaborou coa Fundación Asturiana de Atención a Personas con Discapacidad, onde creou un programa de habilidades sociais para os usuarios do centro ocupacional La Arboleya, e co Instituto Asturiano de la Mujer nos actos organizados con motivo do Día da Muller Traballadora (2007).

Na actualidade, realiza talleres, charlas, dinámicas e videofórum, en centros educativos de Asturias, relacionados con temas de prevención de violencia de xénero, coeducación, corresponsabilidade, prevención de trastornos alimentarios e educación sexual.

Recentemente, publicou o artigo «Los discursos sobre la formación de profesionales» na Paedagogium: Revista Mexicana de Educación y Desarrollo.

1. Introdución

2. Principio de igualdade
2.1. Igualdade social
2.2. Igualdade de oportunidades
2.3. Igualdade ante a lei

3. Desenvolvemento histórico da igualdade

4. A igualdade no ámbito mundial

5. Lexislación básica
5.1. A igualdade na Declaración Universal dos Dereitos Humanos
5.2. A igualdade na Constitución española de 1978
5.3. Leis e plans de igualdade
5.3.1. Internacional
5.3.2. Europa
5.3.3. España

6. A discriminación positiva
6.1. Vantaxes e inconvenientes da discriminación positiva

7. A igualdade social e o Estado de benestar

8. Medidas para fomentar a igualdade
8.1. Familia
8.2. Educación
8.3. Mundo laboral
8.4. Medios de comunicación

RESUMO

AUTOAVALIACIÓN

SOLUCIÓNS

BIBLIOGRAFÍA

A promoción da igualdade é un tema de vital importancia que necesita a implicación de todos os cidadáns, xa que vivimos nunha sociedade que durante séculos estabeleceu desigualdades entre as persoas, o que implica discriminacións que moitas veces vulneran os dereitos básicos dos seres humanos, e que neste século xxi debemos eliminar.

Con este módulo, que Ideaspropias lle presenta, poderá adquirir os coñecementos necesarios para profundar no concepto de igualdade, coñecer tanto o seu desenvolvemento histórico como a lexislación na que este termo está presente, así como conseguir interiorizar as medidas máis significativas que se poden utilizar en cada ámbito para conseguir a fin das desigualdades.

Neste material didáctico recóllense aspectos relacionados cos distintos conceptos de igualdade, o seu progreso histórico, a lexislación internacional e nacional existentes, as medidas para fomentar a igualdade, etc. Ademais, abórdanse diferentes temas de discusión como é a existencia da chamada discriminación positiva e a relación entre igualdade social e Estado de benestar.