Neste Día Das Letras Galegas 2024, en Ideaspropias Editorial queremos celebrar a preservación da nosa lingua materna, así como a difusión da literatura galega, recoñecendo e poñendo en valor o talento dos poetas e escritores galegos.

Este ano a comunidade galega ten a honra de celebrar a Luísa Villalta Gómez. Escritora, filóloga, violinista e figura clave do panorama cultural galego, Villalta deixou un inestimable legado que a fai merecedora deste recoñecemento.

Luísa Villalta: a gran artista do pobo galego

Nada na Coruña en 1957, licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e Hispánica e falecida mor dunha meninxite no 2004, Luísa destacou dende pequena pola súa paixón pola lingua galega e o seu talento poético. As súas obras, impregnadas de profunda sensibilidade e compromiso social, exploran temas como o amor, a natureza, a identidade galega ou a loita pola xustiza.

Día das Letras Galegas 2024
Fuente: A fonte orixinal desta imaxe é a AELG. A foto orixinal é de Santos Díez y  Eduardo Castro Bal con licencia CC BY-SA 3.0.

Ademais de pola súa actividade como escritora, Villalta destacou polo seu destacado activismo cultural, que desenvolveu de forma constante e altruísta, colaborando con diversas asociacións, colectivos e proxectos culturais.

As obras de Luísa Villalta, homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024

Aínda que a poesía é o xénero que lle deu maior recoñecemento, Luísa tamén se aventurou no teatro, a novela e o ensaio literario. A súa versatilidade e dominio da lingua sitúana como unha das voces máis importantes da literatura galega do século XX.

A súa obra e traxectoria literaria é única, destacando os seús poemarios Ruído (1995), Rota ao interior do ollo (1995), En concreto (2004) e a obra póstuma publicada por Laiovento dous anos despois do seu finamento Papagaio (2006).

En canto á narrativa destacan as novelas Teoría de xogos (1997), As chaves do tempo (2001) e Siléncio, ensaiamos (1991). O teatro foi outro dos xéneros no que tamén destaca Villalta, con obras tan representativas coma Concerto para un home só (1989), O representante (1990), O paseo das esfinxes (1991) e As certezas de Ofelia (1999).

Se prolífica e existosa é a súa carreira literaria, igual destaca na musical, pois esta foi a base e a protagonista de toda a súa creación artística.

Celebrando o Día das Letras Galegas 2024

O Día das Letras Galegas 2024 convídanos a celebrar a vida e a obra de Luísa Villalta Gómez, e de todos os escritores e escritoras, poetisas e poetas e personas amantes da lingua galega, pero tamén a reflexionar sobre a importancia de preservar e promover a nosa cultura. O seu legado inspíranos a seguir creando, defendendo e reivindicando a riqueza cultural de Galicia para as xeracións vindeiras.

Precisas libros ou cursos e-learning en galego?

Por iso, en Ideaspropias Editorial queremos ofrecer un desconto do 10 % nos nosos manuais de lingua galega que se poden atopar na nosa web. Non perdas a oportunidade de conseguir os teus libros con este desconto único.

Esta promoción só será válida o 17 de maio de 2024.

Contenido creado por:
  • María Costa

    María Costa

    Responsable de comunicación y contenidos editoriales

    Filóloga hispánica, máster en Edición y máster en Educación y TIC. Su experiencia profesional como editora, correctora y profesional del e-learning la ha llevado a desarrollar y dirigir proyectos editoriales de edición de textos de formación multiformato.