Autor

Ramón Carlos Suárez y Alonso (Vigo, 1962) é informático, empresario e teletraballador. É titulado en Informática de Xestión e cursou dous másteres, un en Enxeñaría do Software e outro en Administración de Empresas.

A súa extensa formación técnica e empresarial cualifícao como experto recoñecido por prestixiosas institucións (Unesco, UNED, universidades de Vigo e de Santiago de Compostela, Universidade Pontificia de Salamanca, Instituto Catalán de Tecnoloxía, Euroforum El Escorial, CSIC, Fundesco, Dale & Carnegie, Dr. Edward de Bono, Microsoft, IBM, Telefónica, Sony, etc.). Os seus amplos coñecementos abranguen numerosos ámbitos: administración de empresas, marketing e vendas, creatividade, comunicación eficaz, propiedade intelectual, animación sociocultural, tecnoloxía educativa, informática, telecomunicacións, multimedia, infografía, realidade virtual, comercio electrónico, etc.

Traballou como directivo en compañías multinacionais como IBM ou Telefónica, como docente e divulgador da sociedade da información, e como asesor estratéxico de empresas, asociacións e institucións internacionais.

Así mesmo, asesorou varias lexislaturas da Xunta de Galicia e do Goberno de España. Actualmente, é experto asesor da Comisión Europea en Bruxelas e da ONU. Ademais, publicou con Ideaspropias Editorial a obra Tecnologías de la información y la comunicación.

Índice

ÍNDICE


INTRODUCIÓN

1. O ordenador persoal
1.1. Descrición dun ordenador persoal
1.2. Elementos dun ordenador persoal
1.2.1. Elementos físicos ou hardware
1.2.2. Elementos lóxicos ou software
2. Configuración e conexión de periféricos
3. Como se almacena a información
3.1. Unidades de almacenamento
4. O sistema operativo: funcións e comandos principais
5. Ficheiros
5.1. Tipos de ficheiros
5.2. Extensións dos ficheiros máis comúns
5.3. Traballando con ficheiros
6. Aplicacións para uso de oficina
6.1. Aplicacións de ofimática
6.2. Creación dun ficheiro de texto cun editor sinxelo
6.3. Tratamento básico da imaxe
6.4. Integración de texto e imaxe nun documento
6.5. Impresión de documentos
7. Do ordenador persoal aos sistemas en rede

CONCLUSIÓNS

AUTOAVALIACIÓN

SOLUCIÓNS

BIBLIOGRAFÍA

Sinopsis

A mediados do século xx a informática irrompeu en todas as ordes da sociedade favorecendo a incorporación das tecnoloxías da información e os sistemas de telecomunicacións aos seus procedementos internos e transaccións.

A aparición da Internet e a telefonía móbil creou novas formas de comunicación e relación social, así como de acceso á información mundial.

Nesta obra detállanse os elementos dun ordenador persoal, explícase como configurar e conectar periféricos, recóllense as aplicacións ofimáticas e a forma de traballar con ficheiros, entre outros aspectos.

Ideaspropias Editorial preséntalle este módulo co obxectivo de proporcionarlle ao lector os coñecementos básicos sobre a informática para que poida entender o funcionamento dun ordenador, xa que esta máquina electrónica está presente na maioría dos nosos fogares e postos de traballo.

978-84-9839-165-7

Ficha técnica

Número de horas
10
Número de páginas
70

Descargas2

978-84-9839-165-7

Descargas2 (914.55k)

E-978-84-9839-165-7

Descargas2 (393.5k)

En la misma categoría

5 otros productos en la misma categoría: