Autor

Ramón Carlos Suárez y Alonso (Vigo, 1962) é informático, empresario e teletraballador. É titulado en Informática de Xestión e cursou dous másteres, un en Enxeñaría do Software e outro en Administración de Empresas.

A súa extensa formación técnica e empresarial cualifícao como experto recoñecido por prestixiosas institucións (Unesco, UNED, universidades de Vigo e de Santiago de Compostela, Universidade Pontificia de Salamanca, Instituto Catalán de Tecnoloxía, Euroforum El Escorial, CSIC, FUNDESCO, Dale & Carnegie, Dr. Edward de Bono, Microsoft, IBM, Telefónica, Sony, etc.). Os seus amplos coñecementos abranguen numerosos ámbitos: administración de empresas, marketing e vendas, creatividade, comunicación eficaz, propiedade intelectual, animación sociocultural, tecnoloxía educativa, informática, telecomunicacións, multimedia, infografía, realidade virtual, comercio electrónico, etc.

Traballou como directivo en compañías multinacionais como IBM ou Telefónica, como docente e divulgador da sociedade da información, e como asesor estratéxico de empresas, asociacións e institucións internacionais.

Así mesmo, asesorou varias lexislaturas da Xunta de Galicia e do Goberno de España. Actualmente, é experto asesor da Comisión Europea en Bruxelas e da ONU.

Índice

1 Introdución

2 Conceptos xerais das tecnoloxías da información e a comunicación

3 Evolución histórica da informática

4 Compoñentes dun ordenador
4.1. Hardware
4.2. Software

5 Redes

6 Tipos de usuarios das TIC

7 Telecomunicacións

8 Sistemas de información
8.1. Estrutura da información
8.2. Programas e sistemas operativos
8.3. Sistemas integrados de xestión
8.4. Sistemas de telecomunicación
8.5. Internet
8.6. Intercambio de información entre empresas

9 Función social das TIC

10 O futuro da sociedade da información e o coñecemento

RESUMO

AUTOAVALIACIÓN

SOLUCIÓNS Á AUTOAVALIACIÓN

BIBLIOGRAFÍA


Sinopsis

O efecto 2000 puxo no aire a humanidade a Noitevella do ano 1999, noite na que se podía paralizar toda a tecnoloxía mundial. Quizais se magnificou o posible efecto, pero serviu para que o mundo enteiro se decatase de que estamos inmersos na sociedade da información e do coñecemento, así como da dependencia que temos das tecnoloxías da información e a comunicación.

A nova economía baséase nuns piares aparentemente moi delicados: os datos, secuencias de números abstractos que viaxan en forma electrónica polo aire ou polos cables. Pero ademais de delicados, son poderosos, posto que os datos, debidamente procesados, se transforman en información de utilidade. A información analizada, almacenada, transmitida, reutilizada e compartida xera coñecemento.

Neste material didáctico, que Ideaspropias Editorial lle presenta, revisaranse os principais conceptos relacionados coas tecnoloxías da información e a comunicación, as bases da informática e das telecomunicacións, os elementos dun ordenador, os tipos de redes locais e de telecomunicación, así como a estrutura da información, as aplicacións informáticas e as tendencias na sociedade da información.

O obxectivo desta obra é amosar a calquera lector, de forma sinxela, a complexidade dos sistemas de información e telecomunicación.

978-84-9839-091-9

Ficha técnica

Número de horas
10
Número de páginas
72
Año de publicación
2007
Formato
Libro

Descargas2

E-978-84-9839-108-4

Descargas2 (339k)

978-84-9839-108-4

Descargas2 (384.01k)

978-84-9839-091-9

Descargas2 (915.52k)

En la misma categoría

5 otros productos en la misma categoría: