FCOVXX01 Comunicación en lingua galega-N2 (2.ª edición)

20,35

Libro de la especialidad formativa FCOVXX01 Comunicación en Lingua Galega-N2 (2.ª edición) de Competencias Clave, de la familia profesional Formación complementaria.

Referencia: 978-84-9839-561-7 Categoría: Etiqueta:

Sinopsis

Acadar os coñecementos necesarios en lingua galega tórnase fundamental á hora de adquirir un desenvolvemento pleno das competencias lingüísticas que teñan como finalidade a correcta utilización do idioma en todos os contextos e ámbitos, promovendo, deste xeito, a súa normalización e prestixio social.

Este manual recolle a identificación dos trazos propios da lingua e os coñecementos para a súa utilización nos distintos ámbitos sociais, diferenciando as estruturas máis complexas das máis simples. No plano oral é preciso coñecer as distintas clases de palabras acompañadas da espontaneidade, repeticións e emotividade que caracteriza a fala cotiá dentro do contexto comunicativo.

No plano escrito é importante que o alumno consiga identificar as ideas fundamentais e establecer un discurso coherente e de adecuada corrección ortográfica, coa finalidade de garantir unha escrita fluída.

Esta obra completa, que inclúe casos prácticos para facilitar a comprensión do contido e diversas actividades para a avaliación da súa aprendizaxe, resultará unha ferramenta imprescindíbel para identificar os trazos definitorios da lingua galega aplicados á comunicación oral e escrita da nosa realidade lingüística cotiá. Ademais, trátase dun material didáctico de apoio que lle axudará a preparar as probas de competencia en lingua galega necesarias para acceder ás accións formativas vinculadas a certificados de profesionalidade de nivel 2.

Índice

1. Expresión oral en diferentes ambientes
1.1. Introdución
1.2. Identificación das variedades sociais da lingua (estándar, coloquial, culta, vulgar) e diferenciación dalgunhas características básicas da lingua usada nos contextos familiar e profesional
1.3. Identificación dalgunhas características dos códigos oral e escrito
1.4. Toma de notas durante a exposición oral dun tema
1.5. Identificación en producións orais sinxelas dos feitos expostos e das opinións
1.6. Busca de palabras en dicionarios utilizando a orde alfabética
RESUMO
COMPROBA O QUE APRENDICHES
SOLUCIÓNS

2. Comprensión de textos escritos
2.1. Introdución
2.2. Comprensión de textos sinxelos escritos, usando a técnica do subliñado, distinguindo as ideas principais das secundarias e diferenciando a información das opinión
2.3. Redacción do esquema correspondente (esquema enumerativo ou cadro esquemático ou sinóptico) coas ideas principais do texto, ordenadas adecuadamente
2.4. Recoñecemento e uso das normas básicas da ortografía da palabra (b/v, h/–, c/qu) na redacción dos textos
RESUMO
COMPROBA O QUE APRENDICHES
SOLUCIÓNS

3. Discusión e debate
3.1. Introdución
3.2. Participación ordenada en discusións e debates respectando as normas de cortesía na comunicación oral
3.3. Toma de notas durante a exposición oral dun tema. Ordenación das mesmas e expresión oral dun resumo das ideas principais
3.4. Uso dun procesador de textos para escribir e corrixir despois cun corrector ortográfico
RESUMO
COMPROBA O QUE APRENDICHES
SOLUCIÓNS

4. Redacción dun texto expositivo
4.1. Introdución
4.2. Redacción de textos escritos sinxelos con coherencia, cohesión e corrección ortográfica, dando antes os pasos previos para a súa elaboración: selección de ideas previas e elaboración dun esquema ordenado
4.3. Uso de mecanismos sinxelos para evitar repeticións innecesarias: uso de sinónimos e de pronomes
RESUMO
COMPROBA O QUE APRENDICHES
SOLUCIÓNS

5. Redacción dun texto con opinión propias e resumo
5.1. Introdución
5.2. Identificación en textos escritos sinxelos das ideas principais e das secundarias e uso da técnica do subliñado
5.3. Redacción clara e ordenada dun resumo coas ideas fundamentais dun texto
5.4. Identificación das características dos textos argumentativos
5.5. Uso de conectores de orde e causa
5.6. Redacción de textos argumentativos: xerar ideas, ordenalas, redactalas
RESUMO
COMPROBA O QUE APRENDICHES
SOLUCIÓNS

Autor

Francisco David Paz Lafuente es autor de FCOVXX01 Comunicación en Lingua Galega-N2, publicado por Ideaspropias Editorial.

ISBN

  • ISBN del libro: 9788498395617
Número de horas

Número de páginas

Año de publicación

Idioma

Formato

FCOVXX01 Comunicación en lingua galega-N2 (2.ª edición)FCOVXX01 Comunicación en lingua galega-N2 (2.ª edición)
20,35