Autor

Laura Barbero Miguel (Salamanca, 1976) é diplomada universitaria en Enfermaría pola Universidad Pontificia de Salamanca, diplomada en Sanidade pola Escola Nacional de Sanidade e en Enfermaría de Empresa pola Escola Nacional de Medicina do Traballo. Así mesmo, acredita unha ampla formación complementaria nos sectores sociosanitario e educativo. Posúe experiencia laboral como enfermeira en todos os niveis asistenciais de saúde, desde a atención primaria até os servizos especiais de atención hospitalaria. Tamén traballou nos ámbitos da sanidade privada e da enfermaría xeriátrica. Ademais, ten unha extensa experiencia docente como formadora nas especialidades de auxiliar de axuda a domicilio e auxiliar de xeriatría, e como colaboradora na Universidad de Alcalá. Publicou con Ideaspropias Editorial a obra Intervención en la atención sociosanitaria en instituciones, módulo formativo do certificado de profesionalidade de Atención sociosanitaria a personas dependientes en instituciones sociales. Daniel Saavedra Toral (Ourense, 1981) é licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e tradutor xurado de Inglés>Galego>Inglés. Entre a súa ampla experiencia laboral destaca a tradución de inglés a galego de O neno do pixama a raias (Faktoría K de Libros, 2007), así como numerosos traballos para o mundo editorial, a Xunta de Galicia, produtoras de televisión e publicacións periódicas. É colaborador habitual de Ideaspropias Editorial, coa que traduciu máis dunha vintena de libros.

Índice

ÍNDICE INTRODUCIÓN 1. Identificación das características e necesidades das persoas dependentes 1.1. O proceso de envellecemento 1.1.1. Cambios biolóxicos 1.1.2. Cambios psíquicos 1.1.3. Cambios sociais 1.2. A doenza e a convalecencia 1.3. As discapacidades 1.3.1. Concepto 1.3.2. Clasificación e etioloxías frecuentes 1.3.3. Características e necesidades 1.3.4. Calidade de vida, apoio e autodeterminación das persoas con discapacidade CONCLUSIÓNS AUTOAVALIACIÓN SOLUCIÓNS 2. Delimitación do ámbito da atención domiciliaria 2.1. Unidades convivenciais con persoas dependentes: tipoloxía e funcións do Servizo de Axuda a Domicilio (SAD) 2.1.2. Necesidades e riscos dos coidadores principais 2.2. Servizos, programas e profesionais de atención directa domiciliaria a persoas dependentes: características e estrutura funcional 2.2.1. O equipo interdisciplinario e o papel do profesional de atención directa 2.3. Os coidadores principais e o SAD 2.4. Uso do vocabulario básico da atención domiciliaria 2.5. Principios éticos da intervención social con persoas dependentes e colectivos con necesidades especiais. Actitudes e valores 2.6. Aprecio polos principios éticos da intervención con persoas dependentes 2.7. Confidencialidade á hora de manexar información persoal e médica 2.8. Respecto pola intimidade das persoas dependentes 2.9. Mantemento da hixiene e presenza física persoal do profesional da axuda a domicilio 2.10. Atención integral das persoas 2.11. Técnicas de humanización da axuda 2.12. Dinámica da relación de axuda: adaptación, dificultades, límites e prevención de riscos psicolóxicos 2.13. A intervención nas situacións de dó 2.14. A observación e o rexistro da evolución funcional e o desenvolvemento de actividades de atención física. Técnicas e instrumentos de observación aplicados ás situacións domiciliarias 2.15. As axudas técnicas para o coidado e a hixiene persoal CONCLUSIÓNS AUTOAVALIACIÓN SOLUCIÓNS 3. Aplicación de técnicas de hixiene e aseo da persoa dependente 3.1. Principios anatomofisiolóxicos do órgano cutáneo e fundamentos de hixiene corporal 3.1.1. Patoloxías máis frecuentes da pel 3.2. Técnicas de aseo e hixiene corporal segundo a tipoloxía da axuda a domicilio 3.2.1. Hixiene das pregas corporais 3.2.2. Hixiene das mans e dos pés 3.2.3. Hixiene dos xenitais 3.2.4. Hixiene da cavidade bucal 3.2.5. Hixiene dos ollos 3.2.6. Hixiene dos ouvidos 3.2.7. Hixiene do cabelo 3.2.8. Afeitado e maquillaxe 3.2.9. Baño en bañeira ou ducha 3.2.10. Hixiene na cama 3.3. Úlceras por presión. Prevención e tratamento 3.4. Tipos de camas, accesorios e lenzaría. Técnicas de realización de camas 3.5. Coidados do paciente incontinente e colostomizado 3.6. Prevención e control de infeccións 3.7. Coidados post mortem. Finalidade e preparación do cadáver 3.8. Técnicas de limpeza e conservación de próteses 3.9. Fomento da autonomía da persoa dependente e do seu contorno para a mellora da súa hixiene e aseo CONCLUSIÓNS AUTOAVALIACIÓN SOLUCIÓNS 4. Planificación do menú da unidade convivencial 4.1. Principios de alimentación e nutrición 4.2. Principios anatomofisiolóxicos dos sistemas dixestivo e endócrino 4.2.1. Patoloxías máis frecuentes 4.3. Conceptos de alimentación e nutrición. Os alimentos. Clasificación funcional 4.4. Recomendacións en enerxía e nutrientes. Inxesta recomendada. Interpretación da etiquetaxe nutricional 4.5. Dieta saudábel. Calidade de dieta 4.6. Problemas nutricionais das sociedades desenvolvidas 4.6.1. Patoloxías relacionadas coa alimentación actual 4.7. Tipos de dietas 4.8. Dieta familiar e planificación de menús diarios e semanais 4.9. Racións e medidas caseiras 4.10. A alimentación no ancián e no convalecente 4.11. Consideración pola situación específica alimentaria e nutricional de cada persoa dependente CONCLUSIÓNS AUTOAVALIACIÓN SOLUCIÓNS 5. Utilización de técnicas de alimentación 5.1. Alimentación por vía oral e enteral 5.2. Axudas técnicas para a inxesta 5.3. Apoio á inxesta CONCLUSIÓNS AUTOAVALIACIÓN SOLUCIÓNS 6. Recollida de eliminacións 6.1. Medios e materiais para a recollida de excrecións 6.1.1. Dispositivos condutores de excrecións e enemas de limpeza 6.1.2. Dispositivos colectores de excrecións 6.2. Eliminación de excrecións 6.3. Normas hixiénico-sanitarias 6.4. Mantemento da hixiene e presenza física persoal do usuario de axuda a domicilio 6.5. Respecto pola intimidade da persoa dependente e dos seus familiares CONCLUSIÓNS AUTOAVALIACIÓN SOLUCIÓNS 7. Administración de medicación no domicilio 7.1. Evolución do metabolismo no ciclo vital 7.2. Principios de farmacoloxía xeral 7.3. Principios anatomofisiolóxicos dos sistemas cardiovascular, respiratorio e excretor 7.3.1. Patoloxías relacionadas 7.4. Constantes vitais 7.5. Técnicas de preparación e administración de medicación por vía oral, tópica e rectal 7.6. Técnicas de aerosolterapia e oxixenoterapia 7.7. Técnicas de aplicación de frío e calor 7.8. Riscos dos fármacos 7.9. Constitución e mantemento de caixas de urxencias CONCLUSIÓNS AUTOAVALIACIÓN SOLUCIÓNS 8. Mobilidade da persoa dependente 8.1. Principios anatomofisiolóxicos de sostén e movemento do corpo humano 8.2. Aparato locomotor 8.2.1. Patoloxías máis frecuentes 8.3. Biomecánica das articulacións CONCLUSIÓNS AUTOAVALIACIÓN SOLUCIÓNS 9. Emprego de técnicas de mobilización, traslado e deambulación 9.1. Posicións anatómicas 9.2. Técnicas e axudas técnicas para a deambulación, traslado e mobilización en persoas dependentes 9.2.1. Técnicas e axudas técnicas para a deambulación 9.2.2. Técnicas e axudas técnicas para o traslado 9.2.3. Técnicas e axudas técnicas para a mobilización 9.3. Técnicas para o posicionamento na cama 9.3.1. Cambios posturais 9.4. Orientación á persoa dependente e aos seus coidadores principais 9.5. Fomento da autonomía da persoa dependente e do seu contorno para a mellora da súa mobilidade e estado físico CONCLUSIÓNS AUTOAVALIACIÓN SOLUCIÓNS 10. Toma de constantes vitais 10.1. Temperatura 10.2. Frecuencia respiratoria 10.3. Presión arterial 10.4. Frecuencia cardíaca 10.5. Recollida destas CONCLUSIÓNS AUTOAVALIACIÓN SOLUCIÓNS 11. Aplicación de técnicas de seguranza e primeiros auxilios 11.1. Primeiros auxilios 11.2. Atragoamentos 11.3. Intoxicacións 11.4. Traumatismos. Vendaxes e inmobilizacións 11.5. Técnicas de Reanimación CardioPulmonar (RCP) 11.6. Queimaduras 11.7. Feridas e hemorraxias 11.8. Caixa de urxencias 11.9. Consultas a distancia 11.10. Prevención de riscos no contorno da persoa dependente 11.11. Medidas de autoprotección para o auxiliar de axuda a domicilio 11.12. Atención especial á prevención de riscos laborais CONCLUSIÓNS AUTOAVALIACIÓN SOLUCIÓNS PREGUNTAS FRECUENTES GLOSARIO EXAME BIBLIOGRAFÍA

Sinopsis

O profesional de axuda a domicilio constitúese como unha figura fundamental á hora de ofrecer unha asistencia integral ao asistido. Os seus coñecementos do ámbito sanitario e social permitirán ao dependente optimizar a súa autonomía e promover a súa interacción co contorno, co que logrará o máximo grao de benestar físico, psicolóxico e social. Todo iso contribuirá a alcanzar o obxectivo último da axuda a domicilio, é dicir, que o usuario permaneza o maior tempo posíbel no seu fogar. Ideaspropias Editorial preséntalle este material formativo coa finalidade de que o lector saiba como desenvolver intervencións axeitadas de atención física domiciliaria a persoas con necesidades de atención sociosanitaria. A través da lectura deste manual, aprenderá a realizar tarefas como a hixiene persoal do usuario, a administración de alimentos e determinados tratamentos médicos, así como a mobilización do asistido segundo o seu nivel de dependencia.

978-84-9839-395-8

Ficha técnica

Número de horas
170
Número de páginas
496
Año de publicación
2014
Formato
Libro

Descargas2

E-978-84-9839-441-2

Descargas2 (1.36M)

sol_978-84-9839-395-8.doc

Descargas2 (1.37M)

978-84-9839-395-8

Descargas2 (1.62M)

MF0249_2

Descargas2 (961.83k)

En la misma categoría

5 otros productos en la misma categoría: