Sinopsis
A atención e o apoio que presta un auxiliar de axuda a domicilio ofrece unha boa posibilidade para que a persoa dependente teña a oportunidade de continuar vivindo no seu propio fogar, mantendo a conexión co contorno que a rodea, así como permanecendo preto dos seus amigos, veciños e familiares. Ademais, este servizo ofrece a oportunidade de que o dependente reciba os apoios necesarios que lle permitan manter a súa autonomía o máximo tempo posíbel, así como a realización por parte do auxiliar de axuda ao domicilio das tarefas domésticas que o usuario xa non poida efectuar. Ideaspropias Editorial ofrécelle este material didáctico cuxo obxectivo principal é que o lector coñeza como desenvolver intervencións de atención psicosocial domiciliaria dirixidas a persoas con necesidades de atención sociosanitaria. Coa lectura deste manual, coñecerá como planificar e coordinar intervencións de atención psicosocial domiciliaria xunto co equipo interdisciplinario asignado, o que lle permitirá identificar as necesidades que presenta unha persoa dependente, garantindo unha atención e un apoio psicosocial axeitados.
Índice
PRÓLOGO 1. Psicoloxía básica aplicada á atención psicosocial domiciliaria de persoas dependentes 1.1. Conceptos fundamentais 1.1.1. Ciclo vital 1.1.2. Conduta 1.1.3. Procesos cognitivos 1.1.4. Motivación 1.1.5. Emoción e alteracións 1.2. Proceso de envellecemento 1.2.1. Cambios biopsicosociais 1.2.2. Incidencias na calidade de vida 1.2.3. Doenza no ancián 1.2.4. Evolución do contorno socioafectivo e da sexualidade da persoa maior 1.2.5. Necesidades especiais de atención e apoio integral 1.2.6. Calidade de vida, apoio e autodeterminación na persoa maior 1.3. Doenza e convalecencia 1.3.1. Conceptos fundamentais 1.3.2. Características e necesidades en doenza e convalecencia
CONCLUSIÓNS
AUTOAVALIACIÓN
SOLUCIÓNS
2. Relación social das persoas maiores e discapacitadas 2.1. Características da relación social das persoas dependentes 2.2. Habilidades sociais fundamentais 2.3. Dificultades de relación social 2.3.1. Situacións conflitivas 2.4. Técnicas para favorecer a relación social. Estratexias de intervención 2.5. Actividades de acompañamento e de relación social. Estratexias de intervención 2.6. Medios e recursos 2.6.1. Aplicacións das novas tecnoloxías 2.6.2. Asociacionismo 2.6.3. Recursos do contorno e vías de acceso a estes
CONCLUSIÓNS
AUTOAVALIACIÓN
SOLUCIÓNS
3. Prestación de orientación á persoa dependente e aos seus coidadores principais 3.1. Observación. Técnicas e instrumentos de observación aplicados ás situacións domiciliarias 3.2. Rexistro da evolución funcional 3.3. Desenvolvemento de actividades de atención
CONCLUSIÓNS
AUTOAVALIACIÓN
SOLUCIÓNS
4. O ambiente como factor favorecedor da autonomía persoal, comunicación e relación social 4.1. Distribución e decoración de espazos 4.2. Uso de materiais domésticos
CONCLUSIÓNS
AUTOAVALIACIÓN
SOLUCIÓNS
5. Elaboración de estratexias de intervención psicosocial 5.1. Mantemento e adestramento de hábitos de autonomía psicosocial en situacións cotiás do domicilio 5.2. Técnicas, procedementos e estratexias de intervención 5.3. Técnicas de resolución de conflitos 5.4. Procedementos e estratexias de modificación de conduta 5.5. Intervención de acompañamento e apoio na relación social, na resolución de xestións e no contorno familiar 5.6. Disposición para a atención integral ás persoas 5.7. Preferencia polas técnicas de humanización da axuda
CONCLUSIÓNS
AUTOAVALIACIÓN
SOLUCIÓNS
6. Elaboración de estratexias de intervención en autonomía persoal 6.1. Mantemento e adestramento de hábitos de autonomía física en situacións cotiás do domicilio 6.2. Condicións do domicilio 6.3. Distribución, actualización e sinalización de espazos, mobiliario e utensilios domésticos 6.4. Intervención de acompañamento e apoio na relación social, na resolución de xestións e no contorno familiar 6.5. Recursos comunitarios 6.6. Solicitude de axudas, prestacións e servizos
CONCLUSIÓNS
AUTOAVALIACIÓN
SOLUCIÓNS
7. Intervención de acompañamento e apoio na relación social, na resolución de xestións e no contorno familiar 7.1. Funcións e papel do profesional de atención directa desde a unidade convivencial. Áreas de intervención 7.2. Estratexias de actuación, límites e deontoloxía 7.3. Intervencións máis frecuentes. Xestións. Seguimento 7.4. Documentación persoal e da unidade convivencial. Confidencialidade á hora de manexar documentación doutras persoas 7.5 Técnicas básicas de elaboración, rexistro e control de documentación 7.6. Respecto dos límites de actuación e da deontoloxía profesional
CONCLUSIÓNS
AUTOAVALIACIÓN
SOLUCIÓNS
8. Axudas técnicas e tecnolóxicas para a vida cotiá 8.1. Importancia dos produtos de apoio na atención domiciliaria 8.2. Axudas técnicas para actividades domésticas (produtos de apoio para actividades domésticas) 8.3. Mobiliario e adaptacións para vivendas e outros inmóbeis 8.4. Axudas técnicas para a manipulación de produtos e bens (produtos de apoio para a manipulación de obxectos e dispositivos) 8.5. Axudas técnicas para mellorar o ambiente, maquinaria e ferramentas (produtos de apoio para mellorar o ambiente, maquinaria e ferramentas) 8.6. Axudas técnicas para o lecer (produtos de apoio para o lecer) 8.7. Computadores persoais. Internet. Correo electrónico 8.8. Outras axudas
CONCLUSIÓNS
AUTOAVALIACIÓN
SOLUCIÓNS
9. Motivación e aprendizaxe das persoas maiores, discapacitadas ou doentes 9.1. Características específicas da motivación e da aprendizaxe das persoas maiores, discapacitadas ou doentes 9.2. Mantemento e adestramento das funcións cognitivas en situacións cotiás do domicilio 9.3. Memoria, atención, orientación espacial, temporal e persoal, razoamento 9.3.1. Memoria 9.3.2. Atención 9.3.3. Orientación espacial, temporal e persoal 9.3.4. Razoamento
CONCLUSIÓNS
AUTOAVALIACIÓN
SOLUCIÓNS
10. Servizos de atención domiciliaria 10.1. Servizos, programas e profesionais de atención directa domiciliaria a persoas dependentes: características 10.2. Estrutura funcional da axuda a domicilio 10.3. O equipo interdisciplinario 10.3.1. Coordinación do equipo de axuda a domicilio
CONCLUSIÓNS
AUTOAVALIACIÓN
SOLUCIÓNS 11. Identificación dos problemas de comunicación e linguaxe relacionados cos principais trastornos xerais 11.1. Retardo mental (discapacidade intelectual) 11.2. Parálise Cerebral Infantil (PCI) 11.3. Autismo 11.4. Párkinson 11.5. Alzhéimer 11.6. Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) 11.7. Esclerose Múltiple (EM) 11.8. Deficiencias auditivas 11.9. Deficiencias visuais 11.10. Xordocegueira 11.11. Consideración pola situación específica de cada persoa con problemas de linguaxe e comunicación
CONCLUSIÓNS
AUTOAVALIACIÓN
SOLUCIÓNS
12. Comunicación das persoas dependentes 12.1. Proceso de comunicación 12.2. Necesidades Especiais de Comunicación (NEC) 12.3. Discapacidades 12.4. Saúde mental 12.5. Minorías étnicas 12.6. Alzhéimer 12.7. Outros 12.8. Problemas de comunicación e linguaxe 12.9. Estratexias e recursos de intervención comunicativa 12.9.1. Sistemas alternativos de comunicación: concepto e clasificación
CONCLUSIÓNS
AUTOAVALIACIÓN
SOLUCIÓNS 13. Aplicación de técnicas para favorecer a relación social e as actividades de acompañamento 13.1. Estratexias de intervención en comunicación 13.2. Proceso de selección do sistema alternativo de comunicación 13.3. Recursos comunicativos 13.4. Técnicas de comunicación alternativa e aumentativa para persoas con deficiencias físicas, motrices e psíquicas 13.5. Técnicas de comunicación alternativa e aumentativa para persoas con deficiencias sensoriais 13.6. Axudas técnicas na comunicación alternativa e aumentativa. Axudas técnicas para a información e sinalización 13.7. Técnicas de observación da evolución xeral da persoa dependente 13.8. Sensibilidade ante os problemas de comunicación das persoas dependentes
CONCLUSIÓNS
AUTOAVALIACIÓN
SOLUCIÓNS
PREGUNTAS FRECUENTES
GLOSARIO
EXAME
BIBLIOGRAFÍA
Autor
Judith Andrés Sendra (Zaragoza, 1976) é diplomada en Traballo Social pola Universidade de Zaragoza e está habilitada como educadora social polo Colegio Profesional de Educadores y Educadoras Sociales de Aragón. Ademais, recibiu formación complementaria nos sectores sociosanitario e educativo. Así mesmo, ten unha ampla experiencia docente como formadora de cursos relacionados coa dependencia e as habilidades necesarias para a atención a persoas dependentes. Desde hai dez anos é socia-promotora de Celtadia, unha cooperativa de iniciativa social de servizos de atención a persoas, sita en Zaragoza, onde tanto realiza labores de coordinación e xestión como imparte cursos relacionados coa asistencia sociosanitaria. Con Ideaspropias Editorial publicou a obra Apoyo psicosocial, atención relacional y comunicativa en instituciones. Daniel Saavedra Toral (Ourense, 1981) é licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e tradutor xurado de Inglés>Galego>Inglés. Entre a súa ampla experiencia laboral destaca a tradución de inglés a galego de O neno do pixama a raias (Faktoría K de Libros, 2007), así como numerosos traballos para o mundo editorial, a Xunta de Galicia, produtoras de televisión e publicacións periódicas. É colaborador habitual de Ideaspropias Editorial, coa que traduciu máis dunha vintena de libros.