Este Día das Letras Galegas 2025, en Ideaspropias Editorial queremos celebrar a conservación e a posta en valor da cultura e da lírica oral galegas. Así como a labor dos autores e autoras galegos que nos acompañan cada día.
Este 17 de maio de 2025 réndese homenaxe ás Cantareiras, un grupo de sete mulleres que conseguiron manter viva e transmitir a poesía popular galega por máis de 90 anos.

Fonte: Fondo da Agrupación Folclórica Aturuxo. Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego
As Cantareiras, a voz do pobo galego
Esta decisión da Real Academia Galega no Día das Letras Galegas 2025 supón un xiro simbólico e necesario: recoñecer o valor da cultura popular e da transmisión oral nun mundo onde as voces foron historicamente invisibilizadas e anónimas. É tamén un acto de xustiza para coas mulleres que, sen apenas recoñecemento, conservaron e espallaron o noso patrimonio inmaterial. Sen elas, non conservariamos hoxe boa parte da nosa poesía e da nosa música.
As homenaxeadas son Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía), Manuela Lema, Teresa García Prieto, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda (Mens).
Precisas libros ou cursos e-learning en galego?
A maioría destas mulleres comezaron a cantar sendo aínda nenas, en bailes ou romarías locais e outras, cando xa superaban os 80 anos viaxaron ata América e lugares de Europa coa súa música, como membros da Agrupación Folclórica Aturuxo, tras contactar con elas o seu director artístico, Manuel Cajaraville Pensado.
Con esta homenaxe no Día das Letras Galegas, sáldase unha débeda histórica coas mulleres que, sen pasar polos libros nin por grandes escenarios, conservaron e espallaron o noso patrimonio oral e musical. As súas voces, nacidas do cotián —nas festas, nas feiras, nos traballos do agro—, fixéronse vehículo da poesía popular galega e da dignidade da lingua.
As Cantareiras ás que se dedica este 2025 (as mencionadas e as que non, pois ao non existir numerosos rexistros, a selección dos nomes resulta complicada) non son só artistas: son un símbolo. Representan a todas aquelas voces anónimas que fixeron da palabra cantada un acto de beleza e de resistencia. E tamén lembran que a poesía vive fóra dos libros, entre a xente, na voz de quen a canta.
Oralidade e modernidade
A homenaxe ás Cantareiras no Día das Letras Galegas 2025 representa que a tradición e a poesía popular non son só un vestixio do pasado, senón un tesouro que conservamos ata hoxe en día e do que beben moitos artistas contemporáneos como as Tanxugueiras ou Boyanka Kostova, por exemplo.
Nun tempo de dixitalización e ritmos acelerados, cómpre lembrar a importancia da oralidade é poñer en valor os saberes que se transmiten de xeración en xeración e se conservan co paso do tempo. A lingua, falada ou escrita, contiúa a ser unha ferramenta de identidade e de encontro, unha ponte cara ao futuro.
A historia destas mulleres anónimas, hoxe recoñecidas, convídanos a coidar a nosa lingua, tanto na palabra como nos libros, ambas representacións da cultura propia. Neste 17 de maio de 2025, reafirmamos o compromiso con quen, desde a intimidade das súas aldeas ou desde os escenarios populares, contribuíu a construír a historia da nosa lingua.
Historia do Día das Letras Galegas
¿Sabes cando se celebrou por primeira vez o Día das Letras Galegas? Foi no ano 1963. A primeira figura homenaxeada foi a importantísima e simbólica escritora Rosalía de Castro. Ese mesmo día se conmemoraba o centenario da súa publicación Cantares gallegos, por iso, cada 17 de maio, para recordar a obra cumbre do movemento galego denominado Rexurdimento, se instaurou o Día das Letras Galegas.
Celebrando o Día das Letras Galegas
Este Día das Letras Galegas é unha chamada a celebrar o noso patrimonio cultural e literario, ao tempo que nos lembra a importancia de manter viva a lingua galega en todas as súas formas de expresión, especialmente a escrita, como parte esencial da nosa identidade colectiva.
En Ideaspropias Editorial queremos ofrecer un desconto do 10 % nos nosos manuais de lingua galega que podes atopar na nosa tienda online. Consigue estes libros con este desconto único.
Libros en galego de Ideaspropias Editorial
Competencia en lingua galega
Precisas manuais formativos para mellorar as capacidades comunicativas orais e escritas en lingua galega do teu alumnado? En Ideaspropias Editorial contamos cos libros definitivos para adquirir as competencias necesarias e amosar soltura en todos os contextos e ámbitos.
Cos libros FCOVXX01 Comunicación en lingua galega-N2 e FCOVXX02 Competencia en lingua galega-N3, pertencentes á familia profesional Competencias clave, lograrás identificar os trazos definitorios da lingua galega aplicados á comunicación oral e escrita da realidade lingüística competente.
Ademais, ambos os dous manuais son o material didáctico de apoio perfecto para preparar as probas de nivel de lingua galega necesarias para acceder ás accións formativas vinculadas aos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3.

Atención sociosanitaria
Os manuais do certificado de profesionalidade SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio son os long seller do catálogo de Ideaspropias Editorial.
O libro MF0250_2 Atención e apoio psicosocial domiciliario ten como obxectivo a aprendizaxe sobre como desenvolver intervencións de atención psicosocial domiciliaria dirixidas a persoas con necesidades sociosanitarias. O lector tamén será capaz de planificar e coordinar as intervencións de atención psicosocial domiciliaria co equipo interdisciplinario asignado.
Grazas aos contidos formativos do manual MF0251_2 Apoio domiciliario e alimentación familiar aprenderase a administrar os recursos, tanto económicos como materiais, dentro do fogar da persoa dependente. Tamén se terá a capacidade de brindar unha mellor calidade de vida ao usuario mediante a promoción de hábitos saudables relacionados coa súa saúde, hixiene persoal, limpeza, alimentación e planificación do traballo diario no fogar.
O profesional de axuda a domicilio é unha figura clave na prestación dunha asistencia integral aos asistidos. Grazas ao manual MF0249_2 Hixiene e atención sanitaria domiciliaria conseguirá desenvolver intervencións axeitadas de coidado físico domiciliario para persoas con necesidades sociosanitarias. Ademais, aprenderá a realizar tarefas como a hixiene persoal do usuario, a administración de alimentos e determinados tratamentos médicos, así como a mobilización do paciente segundo o seu nivel de dependencia.








