Este Día das Letras Galegas 2026, en Ideaspropias Editorial queremos celebrar a conservación, o uso e a posta en valor da lingua galega, así como o labor dos autores e autoras galegas que nos acompañan e inspiran cada día.
Este 17 de maio de 2026 réndese homenaxe a Begoña Caamaño (Vigo, 1964 – Santiago de Compostela, 2014), unha figura imprescindible do xornalismo comprometido e da literatura galega contemporánea.

Begoña Caamaño: a nena do Calvario que reescribiu mitos
A traxectoria vital de Begoña Caamaño comeza en Vigo, concretamente no barrio do Calvario, onde medrou e xogou na leira do Penelas. Alí, na academia que foi o seu primeiro colexio, tivo como profesora de francés á tamén escritora María Xosé Queizán, quen axudou a espertar a súa sensibilidade cultural.
Anos despois, o seu talento transcendería as rúas de Vigo para deixar unha pegada inesquecible na literatura galega. Coas súas dúas grandes novelas, Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012), Caamaño logrou un fito marabilloso: reescribir os grandes mitos clásicos achegándolles unha perspectiva feminista que vertebrou todo o seu pensamento.
As súas obras educáronnos, entre outras cousas, sobre as relacións igualitarias e non tóxicas (coma as que a feiticeira Circe lle ensina a Penélope), converténdose nun faro de modernidade para as novas xeracións.
O rigor xornalístico e o compromiso social
A decisión da Real Academia Galega de dedicarlle o Día das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño supón unha homenaxe ao xornalismo ético. Nun momento no que urxe reconstruír o espazo do xornalismo para a cidadanía, Caamaño é o mellor referente do compromiso coa verdade e co uso da lingua galega.

Traballadora incansable, exerceu a súa profesión en medios como Radio Popular de Vigo, Radio Galega, Axencia Galega de Noticias ou A Nosa Terra. Ante o micrófono ou sobre o papel, cultivou sempre a precisión dos datos e a consciencia da responsabilidade social do xornalismo. Ademais, foi presidenta do Comité Interempresas da CRTVG e unha das grandes impulsoras da Asociación de Mulleres Galegas na Comunicación.
Neste 17 de maio a celebración da súa figura é unha festa asomada á contemporaneidade.
Precisas libros ou cursos e-learning en galego?
Historia do Día das Letras Galegas
¿Sabes cando se celebrou por primeira vez o Día das Letras Galegas? Foi no ano 1963. A primeira figura homenaxeada foi a importantísima e simbólica escritora Rosalía de Castro. Ese mesmo día se conmemoraba o centenario da súa publicación Cantares gallegos, por iso, cada 17 de maio, para recordar a obra cumbre do movemento galego denominado Rexurdimento, se instaurou o Día das Letras Galegas.
Celebrando o Día das Letras Galegas
O Día das Letras Galegas é unha chamada a celebrar o noso amplo patrimonio cultural e literario, pero tamén ten que servir para lembrarnos a importancia de manter viva a lingua galega nos nosos traballos, nas nosas aulas de formación profesional e nas nosas casas.
Aprender, formarse e adquirir novas competencias na nosa lingua materna mellora a comprensión e asenta o coñecemento de forma moito máis natural. Por iso, como editorial galega comprometida coa formación para o emprego, en Ideaspropias queremos ofrecerche un desconto directo do 10 % nos nosos manuais formativos en galego.
Aproveita esta oportunidade única, válida só durante o día de hoxe na nosa tenda online, para completar a túa biblioteca formativa:
Libros en galego de Ideaspropias Editorial
Competencia en lingua galega
Precisas manuais formativos para mellorar as capacidades comunicativas orais e escritas en lingua galega do teu alumnado? En Ideaspropias Editorial contamos cos libros definitivos para adquirir as competencias necesarias e amosar soltura en todos os contextos e ámbitos.
Cos libros FCOVXX01 Comunicación en lingua galega-N2 e FCOVXX02 Competencia en lingua galega-N3, pertencentes á familia profesional Competencias clave, lograrás identificar os trazos definitorios da lingua galega aplicados á comunicación oral e escrita da realidade lingüística competente.
Ademais, ambos os dous manuais son o material didáctico de apoio perfecto para preparar as probas de nivel de lingua galega necesarias para acceder ás accións formativas vinculadas aos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3.

Atención sociosanitaria
Os manuais do certificado de profesionalidade SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio son os long seller do catálogo de Ideaspropias Editorial.
O libro MF0250_2 Atención e apoio psicosocial domiciliario ten como obxectivo a aprendizaxe sobre como desenvolver intervencións de atención psicosocial domiciliaria dirixidas a persoas con necesidades sociosanitarias. O lector tamén será capaz de planificar e coordinar as intervencións de atención psicosocial domiciliaria co equipo interdisciplinario asignado.
Grazas aos contidos formativos do manual MF0251_2 Apoio domiciliario e alimentación familiar aprenderase a administrar os recursos, tanto económicos como materiais, dentro do fogar da persoa dependente. Tamén se terá a capacidade de brindar unha mellor calidade de vida ao usuario mediante a promoción de hábitos saudables relacionados coa súa saúde, hixiene persoal, limpeza, alimentación e planificación do traballo diario no fogar.
O profesional de axuda a domicilio é unha figura clave na prestación dunha asistencia integral aos asistidos. Grazas ao manual MF0249_2 Hixiene e atención sanitaria domiciliaria conseguirá desenvolver intervencións axeitadas de coidado físico domiciliario para persoas con necesidades sociosanitarias. Ademais, aprenderá a realizar tarefas como a hixiene persoal do usuario, a administración de alimentos e determinados tratamentos médicos, así como a mobilización do paciente segundo o seu nivel de dependencia.
📚 Queres seguir formándote e actualizando o teu perfil profesional?
A aprendizaxe non ocupa lugar, e facelo na túa propia lingua é un dobre éxito. Descobre en Ideaspropias Editorial os mellores manuais e cursos e-learning para centros de formación, docentes e empresas.








